Aínda que para a celebración da Festa Castrexa en Burela aínda faltan 2 semanas, no comercio local xa se están levando a cabo diferentes accións vinculadas coa “Burela Castrexa”. A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela celebra este venres 17 e sábado 18 dous días de “Compras Máxicas Castrexas”, un adianto das rebaixas de verán nas que máis de vinte locais de Acia Burela ofrecerán descontos especiais e abrirán este venres en horario extendido.
Sorteo Cea Castrexa coas compras nas peluquerías
Outra das iniciativas que se está levando a cabo en Acia Burela nestas semanas previas á Festa Castrexa ten que ver coas compras en varias peluquerías asociadas, que, ademáis de ofrecer prezos especiais para a caracterización castrexa da festa, sortean entre tódolos seus clientes un vale de compra de 50€ para consumir na hostalería de Acia Burela.
Moedas Castrexas
Unha das grandes novidades da Festa Castrexa deste ano é a entrada en circulación das moedas castrexas. Coas compras en calquera das 46 empresas patrocinadoras da Festa Castrexa os clientes recibirán moedas que logo poderán canxear por regalos directos.
Estes regalos serán vales de compra de 50€ (xuntando 100 moedas), vales de compra de 20€ (xuntando 50 moedas) ou diferentes xoias castrexas (xuntando 15 moedas). As moedas poderanse canxear entre o 27 e 29 deste mes.