A oficina de turismo de San Ciprián estará aberta ata o vindeiro domingo de 11 a 14 e de 17 a 20 horas.

A oficina de turismo de San Ciprián estará aberta ata o vindeiro domingo de 11 a 14 e de 17 a 20 horas.
 
O Concello ven de abrir a súa Oficina de Turismo, en San Ciprián, que permanecerá con horario de atención ao público ata o vindeiro domingo día 27.
 
A Concelleira de Turismo, Manuela Méndez, anuncia que “o Concello abriu dende onte, martes, a Oficina de Turismo, que está situada no antigo quiosco de prensa do centro de San Ciprián”.
Manuela Méndez engade que “a oficina abrirá as súas portas ata o vindeiro domingo, día 27 de marzo, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas”.
 
A responsable de Turismo no concello cervense manifesta que “dende o Concello esperamos que sexa unha boa semana para veciños e visitantes. Aqueles que queiran poden achegarse á nosa oficina de turismo, onde se lles ofrecerá toda a información relativa aos atractivos nosos: ás nosas rutas de sendeirismo, ao noso entorno de Sargadelos, ás nosas praias, etcétera. Pero tamén para poder coñecer toda a nosa comarca”.