A Casa da Cultura de Burela acolle ata o 25 de febreiro unha exposición de fotos de Anna Katharina.

A Casa da Cultura de Burela acolle ata o 25 de febreiro unha exposición de fotos de Anna Katharina.

 

A Sala de Arte, da Casa da Cultura de Burela, acollerá do 2 ao 25 de febreiro unha exposición de fotos de Anna Katharina Koubek. A mostra poderá visitarse en horario de 9 a 13 horas e de 17 a 20 horas de luns a venres. 
 
Anna Katharina, nada en 1981 en Kaufbeuren, Alemania, é licenciada en arte na modalidade de pintura en cerámica e vidreiras polo Instituto Beruffachschule Für Glass Und Sxhmuck Neugablonz no ano 2000.
 
Segundo explican desde a Concellería de Cultura “ten feito cursos en Sargadelos e ten participado activamente en concursos e exposicións de pintura pola Mariña. É experta en pintura corporal, na que ten acadado distintos premios. É amante da música e estuda saxofón. Nestes intres decantase pola fotografía cunha marcada preferencia pola paisaxe e a natureza  cun dominio  da luz e da cor”.