
O vindeiro venres, 27 de novembro, terá lugar no Museo Ortegalia unha conferencia impartida por X. Carlos Breixo que leva por título "Narciso Luaces Pardo, o home e a súa obra". Será a partir das oito da tarde, segundo informa a asociación Nordés Faladora.
A actividade está enmarcada dentro do programa que OLD dedica a Narciso Luaces.