Os días 25 e 28 de maio terán lugar no Cenima, en Foz, os cursos de atención ao cliente en hostalería e atención ao cliente con discapacidade, que impartirá a Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostelería de Galicia para os restaurantes e bares da Mariña.
O curso de atención ao cliente con discapacidade está destinado a persoal en contacto cos clientes e xerentes de establecementos hostaleiros. Estudaranse tipoloxías de discapacidades, consecuencias e pautas de atención a clientes con necesidades especiais no entorno dos negocios hostaleiros. Este curso celebrarase o 25 de maio en horario de tarde de 16 a 20 horas.
Pola súa banda o curso de atención ao cliente en hostalería está destinado a persoal de establecementos hostaleiros en contacto con clientes. Analizará a calidade e técnicas na atención, tipoloxías de cliente, tratamento de queixas e reclamacións, etc. Este curso terá lugar o 28 de maio de 16 a 20 horas.
A estes cursos non só poden asistir os xerentes, senón que tamén pode acudir persoal do restaurante ata un máximo de tres persoas por establecemento. As prazas están limitadas a 20 persoas e desde a organización subliñas que se seguirá a orde de inscrición. Para facer a inscrición, poden cubrir a ficha directamente na páxina do CSHG (http://www.cshg.es/index.php/gl/consultoria-y-formacion/escuela-de-turismo/formacion-marina-lucense)
A Escola de Turismo Itinerante presentouse hai uns días no Cenima en Foz nun acto ao que asistiu o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfonso Fuente Parga. O ente colabora con estes cursos.