Pasada das Cabras realizará o vindeiro sábado, 9 de maio, a Ruta da Cubela, en Ribas de Sil.

Pasada das Cabras realizará o vindeiro sábado, 9 de maio, a Ruta da Cubela, en Ribas de Sil.
 
A Asociación Pasada das Cabras ten previsto facer o vindeiro sábado, 9 de maio, a Ruta da Cubela, en Ribas de Sil, de 14 quilómetros e dificultade media.
Os prezos son de 15 euros para os socios non federados, 12 para os federados e 20 para os non socios, inclúe autobús e máis seguro.
A saída será ás 8 da mañá da Estación de Autobuses de Burela. Hai que levar comida.
Para participar nesta ruta é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 7 ás 20,00 horas.