Terras de Lourenzá realizará a Ruta dos Barrios, pola vila, o vindeiro 10 de maio. A camiñata rematará na romaría de Santa Cruz.

Terras de Lourenzá realizará a Ruta dos Barrios, pola vila, o vindeiro 10 de maio. A camiñata rematará na romaría de Santa Cruz.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá realizará no vindeiro mes de maio unha nova camiñata. Nesta ocasión, e baixo o lema Ruta dos barrios, farán un percorrido de 12 quilómetros e dificultade baixa, por distintos recunchos da vila, para desfrutar dos encantos que se aprecian coa ollada de camiñante e que soen pasan desapercibidos na vida diaria.
O punto de partida será no entorno da Capela da Santa Cruz, ás 10 da mañá, do 10 de maio. Despois de realizar o trazado circular, confluirán novamente no mesmo lugar, para desfrutar dunha comida campestre conxunta, aproveitando a celebración da Romaría da Santa Cruz, que ten lugar durante esa fin de semana.
Anotan ata o xoves, 7 de maio; e o prezo é de 15 euros para costear o xantar.