Academia A Mariña, de Burela, impartirá os certificados de "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e no domicilio". A primeira convocatoria dará comezo o 11 de maio.

Academia A Mariña, de Burela, impartirá os certificados de "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e no domicilio". A primeira convocatoria dará comezo o 11 de maio.
 
Academia A Mariña, centro acreditado no Rexistro  de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, recibiu con data de 8 de abril deste ano a resolución de autorización para a impartición de accións formativas non financiadas por fondos públicos, conducentes a obtención de certificados de profesionalidade. 
Segundo explica o director do centro, Ramón Hermida, “coa  mirada posta no mercado laboral e valorando que, a partir do día 31 de decembro de 2015, será obrigatorio estar acreditado na cualificación profesional de “Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, para poder traballar nestes organismos, Academia A Mariña oferta  3 certificados baixo a denominación referenciada,  para ser impartidos en meses e horarios distintos. A primeira convocatoria inicíase o 11 de maio, e inclúe prácticas en empresa. O prazo de inscrición da primeria convocatoria remata o día 22 de abril. As prazas son limitadas”.
Academia A Mariña tamén impartirá unha convocatoria, que iniciará o día 11 de maio, para a obtención do certificado de profesionalidade “Atención Sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio”, acreditación tamén esixida para poder traballar na ocupación.
Hermida cre que “facer unha formación áxil para que os traballadores e demandantes de emprego  manteñan  o traballo, ou podan buscar vías de acceso a el, debe ser responsabilidade nosa como centro de formación profesional para o emprego. De aí estas convocatorias como adianto ás esixencias impostas polo mercado laboral”.