Este xoves, 19 de marzo, haberá unha charla en Ribadeo titulada "As Catedrais tamén xacemento arqueolóxico".

Este xoves, 19 de marzo, haberá unha charla en Ribadeo titulada "As Catedrais tamén xacemento arqueolóxico".
 
Con motivo do roteiro que terá lugar esta fin de semana este xoves, 19 de marzo, Mariña Patrimonio e outras asociacións ecoloxistas e patrimoniais organizan unha charla informativa en Ribadeo na Casa das Letras ás 20.30 horas co título “As Catedrais tamén xacemento arqueolóxico”. 
Os organizadores explican que “alí darase cumprida información sobre o forno romano de Esteiro, a canle e as vetas auríferas das Catedrais así como da presenza de minas romanas na Mariña”.