O domingo, 15 de marzo, no Cine Teatro de Ribadeo proxectarase o documental "Por que non cantades todas". A actividade está organizada polo CIM e pola Concellaría de Igualdade.

O domingo, 15 de marzo, no Cine Teatro de Ribadeo proxectarase o documental "Por que non cantades todas". A actividade está organizada polo CIM e pola Concellaría de Igualdade.
 
A Concellería de Igualdade e o CIM organizan dentro da programación conmemorativa do 8 de marzo, que desenrola durante todo este mes, unha proxección e posterior coloquio sobre o documental Por que non cantades todas. A cinta xira arredor do papel da muller na música tradicional.  Esta actividade será no Cine Teatro o vindeiro domingo, 15 de marzo, ás 19 horas. A entrada é libre.
A edil Mariluz Alvarez Lastra sinala que “este traballo mostra un grupo de mulleres da aldea de Zobra, na serra do Candán, que se estende polos concellos pontevedreses de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. Amosa a súa relación coa música no transcurso das súas vidas. A música como ponte entre dous momentos, o pasado e o presente. A música como memoria, experiencia e convivencia. O traballo pretende mostrar o papel das mulleres na transmisión da música tradicional e os contextos onde esta música estaba presente. O documental constrúe así unha narrativa colectiva sobre a música na vida destas mulleres do rural galego”. 
Ao remate da proxección do documental haberá un coloquio sobre cómo se gravou e a relación das mulleres de Zobra coa música.