O peirao de Porcillán será escenario o vindeiro sábado, 14 de marzo, dunha xornada ambiental de limpeza submarina. Está organizada por CAS Costa de Lugo, Cemma, Adega, Deputación de Lugo, Concello de Ribadeo e Real Club Náutico de Ribadeo.
A xornada dará comezo ás 10 horas coa coordinación dos equipos de traballo, haberá inmersións, a mediodía os participantes compartirán un xantar e pola tarde haberá charlas e mesa redonda sobre o impacto da contaminación no medio mariño.
PROGRAMA:
10:00 h. Recepción dos participantes. Coordinación dos equipos de traballo.
10:30 h. Inicio da inmersión.
Talleres: educación ambiental e Unidade de Recuperación de Fauna Mariña.
11:00 h. Recuperación da fauna mariña recollida entre os residuos.
12:00 h. Fin da inmersión.
13:15 h. Solta no mar de toda a fauna mariña recuperada.
14:00 h. Xantar para tod@s @s participantes.
16:00 h. Real Club Náutico Ribadeo. Charlas e mesa redonda sobre o impacto da contaminación no medio mariño.