O Centro Sociocultural de Alfoz acolle un obradoiro de saúde bucodental o 29 de abril

O Centro Sociocultural de Alfoz acollerá un obradoiro de saúde bucodental o día 29 de abril, martes, ás 16:30 horas. Para participar hai que inscribirse e o prazo remata este venres, 25 de abril.

“Participa neste obradoiro gratuíto onde aprenderás a manter unha boa hixiene bucodental e a previr problemas comúns como caries ou enfermidades da boca. Impartido por Berta García Torres, especialista en Hixiene Bucodental da Área Sanitaria de Lugo. Non perdas esta oportunidade para coidar o teu sorriso!”,anuncia o Concello de Alfoz.