San Xorxe, en Lourenzá, celebra a festa do seu patrón este sábado, 26 de abril

A parroquia de San Xorxe, no concello de Lourenzá, celebrará a festa na honra do seu patrón este sábado, día 26 de abril.

As actividades comezarán ás 13:30 horas con misa solemne e seguidamente haberá sesión vermú co dúo Belinda. A continuación terá lugar unha comida popular.

Tamén haberá sesión tarde noite amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Metropolis. E rematará a festa coa actuación de Cosme DJ.