Saíñas celebra en Xove o seu XIV festival folclórico infantil este sábado, 12 de abril

A asociación cultural Saíñas, de Xove, organiza a décimo cuarta edición do seu festival folclórico infantil. Será este sábado, día 12 de abril, ás 18:00 horas no Salón de actos do Concello de Xove.

Saíñas anuncia: “o sábado 12 de abril temos unha cita especial, o XIV Festival Infantil, ás 18:00 h no salón de actos do Concello de Xove. Os nosos grupos infantís, as Xoaniñas e os Candís, estarán acompañados por Cántigas e Frores (Lugo) e Buxainas (Cedeira). Será unha tarde chea de diversión e alegría para todos”.