O programa de actividades Cervo Concilia desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril

Esta Semana Santa queremos tamén colaborar coas familias para favorecer a conciliación nestas datas de lecer. Así este martes, día 25 de marzo, abre o prazo para participar nunha nova edición de Cervo Concilia en Semana Santa, un programa pensado para contribuír á conciliación durante as vacacións escolares. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ou no Concello de Cervo ata o 8 de abril.

Cervo Concilia é un programa de actividades de Semana Santa dedicado a nenos/as de entre 3 e 12 anos que permite que os pais e as nais poidan conciliar a súa vida laboral co coidado dos seus pequenos e pequenas. (Os/as nenos/a de 3 anos son aqueles/as que estudan cuarto de infantil no curso 2024/2025 e os de 12 anos son os que cursan sexto de primaria neste período). O curso levarase a cabo o 14, 15, 16 e o 21 de Abril, en horario de 8:30h a 14:30h. Todos/as os/as nenos/as que se inscriban neste programa participarán nas diferentes actividades complementarias que se programarán durante Semana Santa en horario de mañá. O requisito indispensable para a inclusión dos nenos e nenas en Cervo Concilia é estar empadroado no noso Concello.