
O Concello de Ribadeo anuncia que este venres, día 28 de febreiro, na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho as Mestras de Conto (Mayte, Loli e Adela) amenizarán ós máis pequenos cun conto teatralizado. É unha actividade para nenas e nenos de 4 a 6 anos e haberá dúas sesións: ás 17:00 e ás 18:30 horas.
“Reserva a túa praza no WhatsApp da Biblioteca: 604.08.42. 01. Unha tarde máxica agarda por vós!”, remata o Concello de Ribadeo.