A Casa do Concello ribadense acolle a presentación do libro “Ribadeo, rúas, prazas e espazos”, de Eduardo Gutiérrez, este venres, 28 de febreiro

O Salón dos Alcaldes, na Casa do Concello ribadense, acollerá a presentación do libro titulado Ribadeo, rúas, prazas e espazos, de Eduardo Gutiérrez. Será este venres, día 28 de febreiro, ás 20:00 horas.

“Non vos perdades esta interesante presentación a cargo do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez. Unha oportunidade perfecta para coñecer máis sobre a nosa historia”, anuncia o Concello de Ribadeo.