O día 3 de febreiro, luns, comezarán en Reinante as actividades de dinamización deste ano 2025 organizadas polo Concello de Barreiros. Estarán dedicadas a aprender a usar o teléfono móbil dun xeito sinxelo e útil e á recollida de fotografías antigas para facer recompilacións por parroquias. A actividade será os luns de 10 a 11 horas na Escola de Reinante. A inscrición para participar pode facerse contactando coa asociación de veciños de Reinante ou no Concello.
Ademais o Concello de Barreiros anuncia que “unha vez finalizadas en Reinante, programaranse durante este ano 2025 en Celeiro de Mariñaos, Rilleira e Vilamartín Grande. Informaremos das datas nas que estas actividades chegarán a outros sitios de Barreiros aínda que calquera persoa pode asistir ao lugar que máis se lle axeite. Estade atentos/as! Non perdades esta oportunidade de participar e apoiar a dinamización nas nosas parroquias á vez que adquirides novos coñecementos e habilidades”.