Vilela, no concello de Ribadeo, celebrará a terceira edición das súas Xornadas Gastronómicas do Cocido Galego o día 8 de febreiro, sábado, nunha carpa climatizada.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con sesión vermú amenizada por La Hora Bruja, e a continuación terá lugar a comida do cocido, con porco celta. Despois actuarán Clave de Ro y La Hora Bruja.
Os tiques para participar están á venda ata o 27 de xaneiro. As prazas son limitadas a 300 persoas.