O Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal o 18 de decembro

O Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o mércores 18 de decembro ás 14:30 horas.

O menú será: fabada asturiana, codillo ó forno con patacas fritas, tarta de Riotorto e café. O prezo é de 25 euros por persoa.

Da música encargarase o dúo Dilema.

As persoas interesadas en participar deben apuntarse nos Centros Veciñais ou na Casa do Concello antes do 15 de decembro.