Burela celebrará este sábado, 9 de novembro, a IX Festa da Castaña na Praza da Mariña

O Concello de Burela e Os Asadores Burela organizan este sábado, día 9 de novembro, a novena edición da Festa da Castaña.

A celebración terá lugar, como é habitual, na praza da Mariña a partir das 17:30 e contará con numerosas actividades para todos os públicos.

A IX Festa da Castaña comezará cuns xogos para a cativada a cargo da xoguetería Xogando nas Nubes e mais co obradoiro de zonchos impartido polas monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia.

A partir das 18:00 comezará o reparto de comida e bebida, con castañas, bolos preñados, auga e viño. Tamén haberá música ao longo da xornada.-

A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, convida á veciñanza "a asistir un ano máis a esta gran festa, que xa conta cun amplo percorrido na nosa vila".