Viveiro acolle unha xornada sobre comunidades enerxéticas o 29 de outubro

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro convida á veciñanza a participar na xornada sobre comunidades enerxéticas que terá lugar o martes 29 de outubro ás 19:00 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro, con acceso libre. O acto contará coas intervencións de Xosé Manuel Golpe Acuña e Paula Vila Periscal.

Xosé Manuel Golpe Acuña é enxeñeiro enerxético da Deputación da Coruña, experto en Comunidades Enerxéticas e presidente da Asociación Galega de Comunidades Enerxéticas, a AGACEN.

Paula Vila Periscal é socióloga, especialista en participación cidadá e coordinadora da Oficina de Transformación Comunitaria do Concello de Ames.