Cervo acolle unha actividade infantil do programa Ler Conta Moito este venres, 25 de outubro

O Concello de Cervo anuncia que este venres, día 25 de outubro, hai  “unha divertida actividade para desfrutar coas crianzas, dentro do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia”. Titúlase Fraga dos Mouros. O Bosque Itinerante e será ás 19:30 horas no salón de actos da Casa do Concello.

“Unha moura e un trasno deben salvar o bosque. Coa participación dos nenos, atravesarán probas e descubrirán a mitoloxía e a natureza galegas entre xogos, contos, cancións en vivo e malabares”, explica o Concello de Cervo.