Burela acolle un curso de sexualidade na adolescencia o 22 de outubro

Burela acollerá un curso de sexualidade na adolescencia. Será impartido por Noelia Goás Gómez no salón de conferencias da antiga biblioteca o día 22 de outubro, martes, de 16:00 a 21:00 horas.

A inscrición, que é gratuíta, realizarase na Casa do Concello e no número de teléfono 982.58.60.00 en horario de 9:00 a 14:00. As prazas son limitadas.

O Concello de Burela anuncia que se trata dun curso acreditado pola asociación de familias e mulleres no mundo rural AFAMMER na provincia de Lugo.