Teatro Múxicas, formado por persoas con cegueira ou deficiencia visual grave, chega a Viveiro o 19 de outubro co “Miles Gloriosus”

A representación terá lugar ás 20:30 horas con entrada de balde 

Sinopse: Pirgopolinices é o novo Miles Gloriosus, o rexente da cidade durante o próximos catro anos. Non todo o mundo está de acordo e ninguén ten moi claro como chegou ao posto.

Palestrión, membro infiltrado e Periplectómeno, líder da oposición, coa axuda de toda unha equipa, tentarán conseguir papeis confidenciais que axuden a condenar as actitudes de Pirgopolinices. A través dun buraco feito entre as paredes dos dous despachos, Filocomasia tentará que non a descubran mentres pasa dun lugar a outro coa información para conseguir o que buscan.

Baseada na trama de enredo de Plauto, teatro Faíscas, pretende traer a escena unha realidade cómica moi presente.