O Concello de Alfoz ofrece un taller de manualidades para adultos desde o 21 de outubro

O Concello de Alfoz ofrece un taller de manualidades para persoas adultas desde o día 21 de outubro ata maio.

Os participantes poderán realizar esta actividade os luns ou os xoves, os dous días de 16:30 a 18:30 horas na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), que está na Casa da Cultural de Alfoz.

As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse están aberto ata o 17 de outubro nas oficinas de rexistro do Concello de Alfoz.