Trécola Producións presentará “Historia dunha gaivota” en Burela este sábado, 12 de outubro

A Casa da Cultura de Burela albergará un espectáculo de Trécola Producións titulado “Historia dunha gaivota”.  Será ás 18:00 horas deste sábado, día 12 de outubro, con entrada de balde.

Dirixido a un público infantil e familiar, este espectáculo é “unha divertida reflexión sobre a cooperación e a amizade”, anuncia o Concello de Burela, que inclúe esta actividade no programa Ler Conta Moito, que ten como obxectivo promover a lectura.