A Espiñeira, no concello de Foz, celebrará as festas na honra da Virxe do Pilar os días 11 e 12 de outubro, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres ás 22:30 horas cunha verbena amenizada polo dúo Sensación e a orquestra Cinema.
E o sábado ás 13:00 horas haberá misa solemne e despois procesión e sesión vermú coa orquestra Solara, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Belinda.
A organización anuncia que disporán de carpa.