Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán están de volta cun novo espectáculo de Somos Criminais, o proxecto máis exitoso dos últimos tempos do teatro galego. Os dous humoristas regresan con esta nova entrega na que poñerán punto e final á súa particular busca do que nos fai ser criminais.
Dirixida por Tito Asorey e con textos de José Prieto, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, en Somos Criminais e punto final os dous cómicos están ao mando dunha misión espacial moi particular: Falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a Arteixo II, está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida. Os capitáns da nave, Carlos Blanco e Touriñán, son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito e de meter nesta Arca de Noé galega todo o noso patrimonio humano, material e inmaterial máis prezado, para que a nova terra á que emigraremos siga sendo criminal.
A estrea terá lugar o próximo 1 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Posteriormente, pasará por Vilagarcía, Cangas, Ourense, Lugo, Burela, Vigo, A Coruña , Pontevedra e Narón.
Todas as datas e a venda de entradas están dispoñibles en www.somoscriminais.gal e na web da plataforma Ataquilla.
1 e 2 de novembro • Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
8 e 9 de novembro • Auditorio Municipal, Vilagarcía
16 de novembro • Auditorio Municipal • Cangas
22 e 23 de novembro • Auditorio Municipal, Ourense
29 de novembro • Auditorio Gustavo Freire, Lugo
30 de novembro • Auditorio da Casa da Cultura, Burela
20 e 21 de decembro • Teatro Afundación, Vigo
28, 29 e 30 de decembro • Teatro Colón, A Coruña
11 e 12 de xaneiro • Auditorio Sede Afundación, Pontevedra
17 e 18 de xaneiro • Pazo da Cultura, Narón