O Concello de Burela organiza en outubro e novembro dous obradoiros de escritura creativa con Antía Yáñez

O Concello de Burela organiza nos meses de outubro e novembrodousobradoiros de escritura creativa coa autora burelá Antía Yáñez.

Os sábados 5, 19 e 26 de outubro será para adultos e os sábados 9, 16 e 23 de novembro para mozos e mozas de entre 14 e 20 anos. As sesións serán na biblioteca municipal e con prazas limitadas (12 por curso). 

“Un pracer para o Concello realizar iniciativas coma esta, especialmente cando contamos cunhaveciña e escritora da talla de Antía Yáñez, referente na literatura galega contemporánea”, asegura a concelleira de Cultura, Lina Gómez. 

“Estas actividades non só fomentan a creación literaria, senón que taméncontribúen a enriquecer a vida cultural do pobo e estimular a creatividade da nosacomunidade”, engade Gómez, que agradece “a Antía a súa disposición para compartir a súa experiencia e coñecementos con todas e todos os participantes”. 

En palabras da concelleira de Cultura, “con obradoiros como este, buscamos dar voz a novas historias e a novas formas de expresarse, facendo da cultura un punto de encontro e intercambio para todas asidades”.

Pola súa parte, o concelleiro de Mocidade, Mario Pillado, considera “fundamental que os rapaces e rapazas vexan en Antía Yáñez un referente cercano e unha mostra de que se pode desenvolver un proxecto vital partindo da nosavila. Ademais estamos seguros de que unha profesional tan recoñecida coma Antía vai ser capaz de sacar o mellor da nosamocidade”.

“Sentimos un enorme orgullo de ter o privilexio de presentar esta actividade tan enriquecedora e cunhaveciña ilustre”, remata Pillado.