Galdo, en Viveiro, celebra as festas de San Miguel do 27 ao 29 de setembro

A parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebrará as súas festas na honra a San Miguel esta fin de semana, do venres 27 ao domingo 29 de setembro.

As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas con degustación gratuíta de carne de porco á brasa. Despois haberá verbena co grupo Zona zero e Juanjo DJ.

O sábado ás 14:00 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Costa Dorada, que tamén actuará na verbena xunto á Disco Móbil Conxuro.

E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois procesión. De seguido haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena e xantar popular no Campo da Festa, con aforo limitado. Os festexos rematarán cun baile de tarde amenizado pola orquestra Salsarena e Jorge Menéndez.