O Grupo Trípodre representará en Alfoz “A Presa” o 28 de setembro

A Casa da Cultura de Alfoz acollerá a representación da obra A Presa do Grupo Humorístico Trípode, o 28 de setembro ás 21:00 horas. 

Trátase dunha historia baseada en feitos reais e conta a loita da veciñanza de Fontefría contra o proxecto dun encoro que asolagará a súa aldea.

Organizan este evento: Concello de Alfoz e Deputación de Lugo.