Ferrería, en Riotorto, celebra a festa de San Antonio o 21 de setembro

Ferrería, no concello de Riotorto, celebrará a festa na honra de San Antonio o día 21 de setembro, sábado.

As actividades comezarán ás 13:30 horas coa misa solemne, e despois haberá procesión e sesión vermú. Seguidamente celebrarase unha comida veciñal.

Os actos rematarán cunha festa verbena amenizada polo dúo Eclipse e DJ Bombardero.

O campo da festa estará cuberto con carpa.