O evento Mondoñedo Máxico, que se celebrará na cidade episcopal do xoves 5 ao sábado 7 de setembro, contará coa participación de seis magos: Meiga Belmonte, Ninou, Deimi, Le Grand Marten, Aris e Jose Rivera.
Os tres días durante a tarde noite haberá roteiros de maxia pola hostalería local. O sábado pola mañá haberá maxia solidaria na Residencia San Rafael, no Hospital San Pablo e na Fundación Dignidade. E ese mesmo día ás 19:00 horas terá lugar na Praza do Concello unha gala de maxia.