O colectivo Memoria da Mariña organiza no salón de actos do Concello de Lourenzá unha proxección do filme documental “A Cidade da Selva. Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio”. Será este sábado, 31 de agosto, ás 19:30 horas.
Despois da proxección haberá un coloquio coa participación do director da película, Miguel Riaño.