O 7 de setembro terá lugar a III Baixada de Carrilanas Concello de Riotorto, puntuable para o Campionato de España de Deportes de Inercia

O 7 de setembro de 2024 celebrarase a III Baixada de Carrilanas Concello de Riotorto, puntuable para o Campionato de España de Deportes de Inercia. O evento está organizado polo Concello de Riotorto e Carrilanas Os Meiregos.

A cita, que será puntuable para a Copa Galicia e Copa de España 2024, terá lugar no seguinte horario: as verificacións realizaranse de 11:00 a 12:30 horas e a carreira desputarase entre as 15:30 e as 19:00 horas.

Os corredores competirán por premios para os tres mellores de cada categoría, así como no Scratch xeral. Para facilitar a participación, habilitarase un pavillón con servizo de duchas e baños para acampada, dispoñible desde o venres ata o domingo. Os menores de idade deberán enviar previamente a “Autorización menores 2024” ao organizador da carreira a través do correo electrónico asociacionosmeiregos@gmail.com para poder participar.

As inscricións estarán abertas desde hoxe, 21 de agosto, ás 00:00 horas, e pecharanse o 4 de setembro ás 23:59 horas e deberán facerse en www.fedei.com. Tamén haberá dispoñible un seguro de día para todos os participantes. Para máis información, pódese contactar coa organización a través do 697347854 (Manuel), 679422747 (Pablo) e 696996080 (Miguel).

O evento promete ser unha xornada emocionante para os afeccionados aos deportes de inercia en Galicia e en España.