A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza a súa xa tradicional Semana do Teatro Afeccionado ao Aire Libre do 20 ao 25 de agosto.
Dará comezo este martes, día 20 de agosto, ás 20.30 horas no pavillón do colexio número 1 coa compañía A Adala Futura para seguir nas prazas do concello do seguinte xeito: o mércores 21, no Parque Rosalía de Castro ás 21.00 horas a compañía Pico do Castro coa obra “Trato a cegas”; o venres 23 na Praza Conde de Fontao ás 21.00 horas a compañía O Centiño coa obra “Trepa, Tripa e Tropa”; o sábado 24 na Praza Conde de Fontao ás 21.00 horas a compañía Pedroso coa obra “A inmortal”; e o domingo 25 na Praza Conde de Fontao ás 21.00 horas a compañía O Batán coa obra “As promesas dos galos”. En caso de choiva as obras pasarán a realizarse na Casa da Cultura.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, móstrase “moi contenta de poder contar cos nosos grupos de Foz e con invitados, coma o gañador do certame de teatro afeccionado do 2023, para facernos desfrutar co teatro ao aire libre en sitios emblemáticos de Foz”.