Con esta iniciativa, o Concello busca, en palabras da concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, "converter o atrio de Santa María no escenario de fermosos contos que farán voar a imaxinación das nenas e nenos".
A Ruada de Contos terá lugar ao longo de dúas xornadas, sempre no atrio de Santa María, e en caso de choiva, desenvolverase na Biblioteca Municipal.
A primeira será o martes, 6 de agosto, ás 19:00, con 'A vendedora de fume', a cargo de Cris Collazo. A segunda xornada será o día seguinte, o mércores 7 de agosto, tamén ás 19:00. Será a quenda de 'Cacho animalada', da man de Vero Rilo.