A exposición Galicia Imaxinada estará no Edificio Multiusos de Ourol esta fin de semana, o sábado 3 e o domingo 4 de agosto. Poderá visitarse, con entrada gratuíta, de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.
O Concello de Ourol explica: “dentro das actividades da Ruta Indiana este ano contamos coa exposición Galicia Imaxinada, cedida polo Consello da Cultura Galega. Esta mostra retrata a Galicia dos emigrantes: a real e a imaxinada. Unha exposición que permitirá visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe de Galicia. A través de 20 paneis a mostra revisa as revistas porteñas como Céltiga, Suevia ou Almanaque Gallego, xunto coas habaneras Eco de Galicia y Tierra Gallega, entre outras”.