A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un roteiro por A Fraga Vella para o día 6 de xullo, sábado. É unha ruta circular de Labrada a Guilfonso para volver ao punto de partida. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é media, pero tamén ofrecen a opción de facer unha ruta máis curta, de 8 quilómetros. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Abadín.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 4 de xullo, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 ou 619.37.80.29. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 30 euros para os que non o son.