O Concello de Alfoz organiza o programa Ludiverán para mellorar a conciliación familiar do 1 de xullo ao 30 de agosto

Coa finalidade de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán, o Concello de Alfoz amplía o horario de atención a nenas e nenos no programa Ludiverán. A partir do 1 de xullo ata o 30 de agosto, as familias poderán deixar aos seus fillos e fillas ás 9:00 ou ás 10:00 horas, segundo lles resulte máis conveniente, e poderán recollelos ás 13:30 ou ás 14:00 horas, adaptándose así ás necesidades específicas de cada unidade familiar. O resto de información pódese atopar nas bases de participación, anuncia a Delegación de Educación, Igualdade e Participación do Concello de Alfoz.

“Esta ampliación horaria permitirá ofrecer unha maior flexibilidade ás familias, garantindo que os nenos e nenas poidan gozar dun verán divertido e educativo mentres os pais e nais compaxinan as súas responsabilidades laborais e persoais”, destaca o Concello de Alfoz, que   “está comprometido en proporcionar un entorno seguro, educativo e divertido para todos os nenos e nenas que participan no Ludiverán, e confiamos en que esta ampliación horaria será de gran axuda para as familias do noso concello”.