Ourol acollerá o 13 de xuño unha charla da Garda Civil sobre seguridade para os maiores

O Concello de Ourol, en colaboración coa Garda Civil, vai a levar a cabo unha charla sobre riscos de estafa, roubos nos domicilios, timos e outros problemas de seguridade nas persoas maiores. Está enmarcada dentro do Plan Maior de Seguridade posto en marcha polo Ministerio de Interior dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores. Terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o día 13 de xuño, xoves, ás 11:00 horas.

Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457).