A festa presentación do XII Festival Aturuxo, de Bravos (Ourol), será este sábado, 8 de xuño, en Sargadelos

A festa presentación da décimo segunda edición do festival Aturuxo será este sábado, día 8 de xuño, desde as 19:00 horas, no Café Bar Cultural A Sacabeira, de Sargadelos (Cervo). O evento celebrarase os días 19 e 20 de xullo en Bravos (Ourol), con entrada e acampada de balde.

Os organizadores anuncian que “o vindeiro 8 de xuño terá lugar a festa presentación do Festival Aturuxo 2024 – XII Edición en A Sacabeira,  Sargadelos. Cando algo é bo repítese e por iso é que non queriamos deixar pasar a oportunidade de facer, este ano tamén, a presentación oficial do noso festival coa marabillosa xente deste referente da cultura galega. Para tal ocasión non pode faltar música da boa e para iso contaremos coa actuación de Kedirán, que virán dende Compostela para facernos bailar e gozar a base de ben. Haberá racións de churrasco, opción vegana, sorteos e algunha que outra sorpresa”.