O vindeiro luns, día 3 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para participar nas actividades deportivas para a mocidade (maiores de 12 anos) e persoas adultas que organiza o Concello de Barreiros e que se levarán a cabo nos Colexios Vellos de San Miguel e no Centro Sociocultural de San Cosme. Este programa, denominado Movernos no Verán, ten por obxecto cubrir a demanda de actividades deportivas para a mocidade e as persoas adultas dende o 17 de xuño ata o 13 de setembro do 2024.
As persoas que estean interesadas poderán matricularse no/s período/s seguintes: de 17 a 30 de xuño, de 1 a 31 de xullo, de 1 a 31 de agosto e de 1 a 13 de setembro.
Impartiranse clases dunha hora de duración de Espalda Saudable, Pilates, Ximnasia de Mantemento, Ioga e Zumba.