O curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela titulado “III Encontro Álvaro Cunqueiro: Cunqueiro aquí e acolá”, que se celebrará en Mondoñedo os día 6 e 7 de xullo, xa ten aberto o prazo de matrícula, que rematará o 21 de xuño. Neste evento colabora o Concello mindoniense e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro.
O Concello de Mondoñedo destaca que “a nova edición do curso, baixo a dirección de Armando Requeixo e que se celebrará en Mondoñedo o 6 e 7 de xullo do 2024, contará coa presenza de grandes estudosos do mundo de Cunqueiro que nos achegarán diversos aspectos da súa obra continuando a liña xa amosada nas dúas edicións previas. Neste momento está aberto o prazo de matrícula, que se pode realizar tanto no Campus de Santiago como no de Lugo. O prazo estenderase ata o 21 de xuño”.
As persoas interesadas poden obter máis información sobre os cursos nos teléfonos 881.811.018 e 881.811.103 (de Santiago) ou 982.821.513 (de Lugo) e no e-mail cursosdeveran@usc.gal. Tamén se pode acceder a través da web da Universidade de Santiago, na sección de universidade de verán: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-veran
O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro convidan a que se matriculen e participen neste curso de verán “todos e todas os cunqueirófilos pois ben seguro que gozarán do mesmo ao achegarse e coñecer, un pouco máis, a este noso mindoniense universal”.