Viveiro acollerá este sábado, día 20 de abril, o Campionato Galego Junior de Taekwondo, que terá lugar no pavillón polideportivo municipal.
O evento foi presentado nun acto que contou coa participación da alcaldesa, María Loureiro. Participaron tamén Amaya Vilar, presidenta da entidade organizadora, ACD Ujeong; o xefe do servizo provincial de Deportes, Manuel Otero Méndez; e o presidente do Centro Deportivo Jansu e representante da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Quintana.
María Loureiro sinala que “é unha marabillosa noticia que este evento deportivo de ámbito galego se desenvolva na nosa vila. Dende o Concello seguimos traballando por apoiar e impulsar todo tipo de deportes no municipio, que son ademais o mellor xeito de promover un estilo de vida saudable”.