Trabada celebrará a Festa da Primavera o domingo 21 de abril cunha comida baile organizada pola asociación cultural O Picato.
Será no pavillón municipal de Trabada a partir das 13:00 horas e estará amenizada polo dúo Epo-K. Haberá sorteos despois da comida.
Os tickets para asistir están á venda no Mesón Camiño Norte ata o 19 de abril.
A asociación cultural O Picato, de Trabada, renovou a totalidade dos cargos da directiva, que agora está formada por: presidente, José María Fernández Vázquez; vicepresidenta: Nuria Fernández García; secretaria, Mercedes García Pérez; tesoreira, Xenia Uz Quirós; e os vogais son Julio González Romeu, María Concepción García Fernández, Servanda Yanes Cancio, Anastasia Quintana Fernández, Ana Varela Teijo e Thor Alberich Gómez.
Anuncian que inician esta andaina “con moitas ganas e forza para facer actividades, festas, actos culturais, … para que poidamos desfrutar todos xuntos e que sexan do voso agrado. Agardámosvos cos brazos abertos o próximo 21 de abril nesta comida baile”.