Será no pavillón polideportivo. O evento, que foi presentado hoxe, está organizado polo Club de Remo de Ribadeo, a Federación Galega de Remo e o Concello de Ribadeo e colabora a Área de Mocidade da Deputación de Lugo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “no pavillón vanse instalar arredor de 40 ergómetros para este campionato galego no que participarán unhas 600 persoas. Ao tratarse dun campionato galego aquí estarán os campións destas fins de semanas atrás”.
O edil ribadense engadiu: “para nós é un orgullo seguir acollendo a celebración de eventos deportivos deste calibre polo que supón para a promoción de Ribadeo e para a dinamización da hostalería local”.
E tivo palabras de agradecemento para “o Club de Remo de Ribadeo pola organización deste evento, no que tamén colaboran a Federación Galega de Remo, a Área de Mocidade da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo”.
No acto de presentación participaron: Jesús Carreira, presidente do Club de Remo de Ribadeo, xunto a Sonia Oural e Miguel Peña, directivos tamén desta entidade; Miguel Balsa, vicepresidente da Federación Galega de Remo; o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.