O Concello de Viveiro entregará os premios do certame de poesía infantil de Nadal o 27 de xaneiro

O Concello de Viveiro anunciou os premiados e premiadas do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2023/24”. Os premios do mesmo serán entregados o sábado día 27 de xaneiro ás 13:00 horas na Biblioteca Municipal de Viveiro.
 
O gañador na categoría A, de ata 8 anos, foi Aleixo Mariño Gómez. As gañadoras na categoría B, de 9 a 11 anos, foron Mara López Fernández, Anne López Ferraz e Inés Mariño Gómez.
 
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, que foi unha das integrantes do xurado, quixo transmitir ás premiadas e ao premiado “todos os parabéns do mundo, co desexo de que continúen participando na vida cultural e nas actividades do noso Concello. Dende o Concello queremos darlles as grazas a toda a rapazada que participou neste concurso, e a todos os centros educativos que tiveron a ben propoñer esta actividade”.
 
Os premiados e premiadas participarán a continuación no certame a nivel provincial organizado pola Biblioteca Municipal de Lugo.