Desde o Concello explican que “nos vindeiros días teremos a disposición de toda a veciñanza o calendario deste 2024, que un ano máis edita o Concello de Barreiros”.
E sinalan: “como xa sabedes, a temática estaba centrada en fotos antigas das escolas de Barreiros e das vivencias escolares que, aínda que as lembremos, ás veces quedan no esquecemento”.
Proximamente, empregados/as municipais comezarán a repartir polas casas os almanaques pero, se algunha persoa o quere antes, pode pasarse a recollelo polas oficinas municipais.
Desde o Concello barreirense engaden: “agardamos que vos guste tanto coma a nós e que vos traia fermosas lembranzas”.